14 de maio de 2021

TERCEIRO FIN DE SEMANA DE MAIO

A nosa proposta de actividades para estes días. 

Este fin de semana como é especial polo festivo temos actividades distintas e de entrada non se realizarán torneos online os venres e domingos.

E tampouco temos a Liga AGAX Sub12.

As nosas recomendacións son as dúas actividade que sinalamos, as dúas presenciais.


VENRES ÁS 19,30

Adestramento presencial tipo torneo suizo con partidas a 5 minutos.
Centro Comercial Los Rosales.
Máximo: 12 xogadores.
Inscricións: Por whatsApp no 654 60 37 16
Cota (a pagar alí): 2 euros. (por 2 euros mais podes levar unha taza de Clash Royale de Palaestra).

SÁBADO ÁS 17,30

Segundo adestramento presencial ao aire libre na Casa das Ciencias. Dan choiva para este sábado, pero o torneo é a cuberto nos soportais do museo.

Lembra que teremos estes adestramentos todos os sábados de maio.

Información e inscricións:



FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

Ningún comentario: