4 de abril de 2021

LIGA AGAX ONLINE SUB 12. PRIMAVERA

Tras a edición de invernos, que gañou o Calasanz empatado a puntos co Dominicos, imos agoara coa edición de primavera da LIGA AGAX ONLINE SUB12.

Como xa indicaramos en xaneiro s idea é facer tres ligas neste 2021, no primeiro, segundo e cuarto trimestre.

Os encontros xogaranse en Lichess e contarán os tres mellores resultados de cada equipo.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2009 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen bereker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se quees xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.
Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo.
A primeira rolda será o sábado 10 de abril. Serán un total de oito sábados nesta Liga.

4. Trofeos. Despois das oito xornadas da Liga teremos unha clasificación de circuito (realizada ao xeito tradicional de AGAX contando os cinco primeiros) tanto para equipos como por xogadores individuais.
Os tres primeiros de cada dunha desas categorías recibirán un trofeo.

Ningún comentario: