30 de abril de 2021

PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE MAIO

Fin de semana distinto xa que non se celebran os torneos do Circuito de Primavera de INCUDE e tampouco hai xornada da Liga AGAX Sub12.
O que si temos por parte de INCUDE é unha actividade especial pola celebración o 30 de abril da antiga festividade de Beltaine ou Beltane.

Así que este fin de semana teremos un venres moi activo, un sábado sen actividade e un domingo co tradicional torneo dos Domingos Online.

Para ver as bases desta actividade visita a web www.xadrezuniversitario.org






VENRES ÁS 16,00. TORNEO 3 XAQUES EN CHESS.COM



VENRES ÁS 17,15. TORNEO REI DO OUTEIRO. VENRES ÁS 17,15 EN CHESS.COM


VENRES ÁS 19,00. ADESTRAMENTO PRESENCIAL TIPO TORNEO LOSTREGO. ÁS 19,00 EN CC.LOS ROSALES.

5 roldas a 5 minutos que terán lugar no C.C. Los Rosales de 19,00 a 20,00.
Cota: 2 euros
O mellor clasificado recibirá unha camisola de AGAX.
A actividade terá lugar cun mínimo de 4 anotados. As inscricións teñen que facerse no 654 60 37 16.
O máximo posible de anotados será de 12 xogadores.

VENRES ÁS 21,30. TORNEO DA NOITIÑA. VENRES ÁS 21,30 EN CHESS.COM



DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

Ningún comentario: