5 de xullo de 2024

Primeira fin de semana de xullo

Nesta primeira semana de xullo temos como protagonista á Copa González March.

A Copa foi creada en 1935 no Congreso do Xadrez Galego da Toxa, premiando a un destacado xadrecista que coruñés que foi tamén un dos que logrou que a Federación Española tivera brevemente sede na cidade.

Hoxe venres chega a súa última rolda e a entrega como o ano pasado será realizada por un dos netos do homenaxeado.

E na fin de semana toca o Asalto ao Castelo.

VENRES 5 DE XULLO. TORNEO NO CASINO. COPA GONZALEZ MARCH
A Copa González March despide a edición deste ano. Torneo valedeiro para ELO Standard
Info en: www.palaestra.eu 

SÁBADO 6. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
Houbo cambios e suprimiuse o torneo valedeiro para ELO FIDE pero temos unha xornada de xadrez na Praza do Concello. Unha boa proposta é é pasar alí o día, nunha xornada con moita actividade lembrando a loita dos Irmandiños contra os Moscoso. 

DOMINGO 7. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO ONLINE.
Torneo en Lichess no noso grupo "Agax aberto"

MARTES 9. XADREZ NO FARO DE OZA
Unha nova actividade da nosa entidade. Publicaremos as bases estes días, dunha xornada distinta de xadrez e praia .

SÁBADO 13. TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO.
Unha nova actividade do CIDU levando un dos seus torneos a Cariño.
Proba con trofeos para as distintas categorías e medallas para todos.

Estamos argallando ideas para celebrar o Día do Xadrez. A FIDE está coa idea de batir un Record Guiness de partidas. Xa iremos comentando.

Ningún comentario: