26 de novembro de 2020

LIGA ONLINE 28 DE NOVEMBRO

Convocamos a LIGA ONLINE, grazas ao Convenio co Concello da Coruña.
Encontros por equipos a celebrar os sábados 28 de novembro, 5, 12, 19 e 26 de decembro.
Os encontros xogaranse en Lichess e contarán os tres mellores resultados de cada equipo.

Hai dúas categorías:

LIGA SUB 12 (NADOS EN 2008 OU SEGUINTES)
SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen bereker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se quees xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.
Se non estás nalgún dos anteriores escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, para a Liga do día 28 entra aqui 
e escolle o teu equipo (tes que estar xa dentro do mesmo)

Esta primeira semana será un pouco de proba. 

Haberá un trofeo para o mellor equipo de cada día e para o mellor da serie de 5 roldas.

LIGA ABSOLUTA
SABADOS DE 23,00 A 24,00 EN LICHESS.ORG
Estamos en "toque de queda" así que a hora parécenos prudente.
Estamos ultimando os equipos participantes.
Se queres inscribir a un equipo escríbenos a correo@agax.org
Haberá un trofeo para o mellor equipo de cada día e para o mellor da serie de 5 roldas.



Ningún comentario: