Coñecimos ontes o falecemento de Mari Carmen Fernández, acontecido en Madrid cando contaba con 62 anos.
Mari Carmen foi durante moitos anos a imaxe do xadrez coruñés, sendo a cara amable das dúas probas mais salientables que se celebrarban na cidade; o Teresa Herrera e o Torneo de Reis.
Sempre atenta a recoller ideas de outros deportes e outras latitudes, Mari Carmen destacou pola súas rechamantes iniciativas, tales como: dalle xaque ás drogas, á violencia de xénero... etc contribuíndo deste xeito á difusión do xadrez en diferentes ámbitos.
Para moitos o primeiro contacto co mundo da competición do xadrez foi no Torneo de Reis, onde chegabamos con menos de dez anos e dabamos o salto aos equipos federados. Para os que xa temos certa idade esto acontecía na década dos setenta, cando se creou o Torneo.
O noso pésame aos familiares e amigos.
A foto corresponde ao Teresa Herrera de 1989, celebrado pouco despois da xuntanza fundacional de AGAX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario