6 de xuño de 2024

Adianto de actividades

Coa chegada de xuño teremos distintas actividades. 
Aquí deixamos algunhas das que xa temos confirmación:

XUÑO

DIA 08. TORNEO DE PRIMAVERA DE ROSALES
O torneo anual de Palaestra en Rosales. 

DIA 15. LIGA DAS MARIÑAS VILA CONCEPCION.
Liga por equipos que lanzou AGAX e que agora organiza Xadrez das Mariñas.

DIA 21. TORNEO MERINO - LUDO LOSTREGO EN ROSALES
O Torneo Ludo Lóstrego chega a súa 19ª edición e faino lembrando a Domingos Merino, no que pretende ser unha cita anual. Torneo valedeiro para ELO Blitz.

DO 25 AO 28. SEMANA XADREZ ROSALES. TORNEO FOGUEIRAS DE SAN PEDRO.
Durante as tardes destes días realizaranse distintas actividades de xadrez no Centro Comercial Los Rosales. Todos os días haberá uns amigables de blitz e o día 28 un de partidas a 15 minutos.
Info en: www.palaestra.eu (aínda sen publicar)

DIA 29. TORNEO XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - ODEÓN (NARON).
Por terceiro ano o CIDU leva o seu torneo universitario lóstrego ao Centro Comercial Odeón, no Campus de Ferrol. Será un torneo aberto valedeiro para ELO Blitz.

DIA 30. DIA DO DEPORTE NA CORUÑA. TORNEO COLEXIOS EN VIALIA (VIGO)
Xornada intensa. Pola mañá teremos o Día do Deporte, con taboleiro xigante e torneo amigable e pola tarde os colexios que reunan equipo poden participar no torneo de Vialia en Vigo (o ano pasado o Calasanz quedou primeiro aqui e terceiro na fase final en Alcalá).

XULLO

DO 1 A 5. TORNEO CASINO. COPA GONZALEZ MARCH
A Copa González March este ano pasa a ser en xullo, de luns a venres. Torneo valedeiro para ELO Standard
Info en: www.palaestra.eu (aínda sen publicar)

DÍA 6. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
A tradicional actividade de INCUDE na xornada do Asalto ao Castelo complétase este ano coa celebración dun dos torneos aniversario do CIDU, valedeiro para ELO Blitz.
Info en: www.xadrezuniversitario.org (aínda sen publicar)

DIA 9. XADREZ NO FARO DE OZA.
Unha actividade de difusión de AGAX. O día 9 realizaremos actividades de promoción no faro de Oza, coa celebración dun pequeno torneo... se o tempo acompaña a xente poderá compaxinar coa praia. É un martes de proba para futuras actividades similares.

DIA 13. TORNEO DE CARIÑO
O torneo de difusión do CIDU no Campus de Ferrol será o sábado 13 de xullo en Cariño. Torneo por categorías con premios por tramos de idade, organizado igoal que odo pasado día 1.
Info en: www.xadrezuniversitario.org (aínda sen publicar)
Podes ver as bases na web que estamos a crear dende AGAX para a promoción do xadrez nesta zona: www.xadrezdonorte.org

DO 15 A 19. SEMANA XADREZ ROSALES. TORNEO DIA XADREZ
Actividades diversas nos días previos ao día do xadrez, incluíndo distintos torneos blitz e mais.
Info en: www.palaestra.eu (aínda sen publicar)

DIA 20. DÍA DO XADREZ. 
XDM e AGAX preparan varios torneos para ese día, coa celebración de torneos individuais, por equipos e tamén online.

E aínda hai mais actividades previstas nestes días que iremos incluíndo!

31 de maio de 2024

Primeira fin de semana de xuño

Chegamos ao mes de xuño e na primeira fin de semana temos varias actividades.

Sábado 1: 
TORNEO SEMANA VERDE
Todo o día en Silleda empeza o Circuíto Promoción.
Pero ademais a Federación Galega celebra pola tarde o
Campionato Galego de Xadrez Lóstrego 2024
Neste caso en Padrón.
Para ambas actividades tes a información na páxina da Federación Galega de Xadrez.

Domingo 2:
Campionato Galego de Rápidas 2024
En Padrón todo o día

Martes 4: 
ASEMBLEA AGAX
Horario: 20,00 en adiante.
Na sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales.
Ven darnos ideas para o que queda do ano e próximo curso.

Sábado 8:
TORNEO DE PRIMAVER NOS ROSALES
Para todos os interesados e de balde.
Mais info en: www.palaestra.eu

13 de maio de 2024

Semana e avance doutros torneos.

Na fin de semana temos o Torneo do Día das Letras Galegas, dentro do grupo dos torneos do aniversario do CIDU.

Pero tamén hai torneos en Carballo (o mesmo día 17) Ferrol (o 18) e Culleredo (18 e 19).

Así que os interesados teñen a oportunidade de xogar torneos valedeiros para ELO en blitz, rápidas e standard.

VENRES 17. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Torneo no Centro Universitario de Riazor.

Información e inscricións na web do CIDU:

https://www.xadrezuniversitario.org/2024/05/torneo-do-dia-das-letras-galegas.html


SÁBADO 18 E DOMINGO 19: TORNEO CULLEREDO.

OUTROS TORNEOS PREVISTOS NO QUE QUEDA DO MES:

25. TORNEO FESTAS BARRIO ROSALES.

25-26. CAMPIONATOS GALEGOS POR EQUIPOS (RÁPIDAS E BLITZ).


3 de maio de 2024

Empezando maio

Empeza maio con forza, estas son algunhas das cousas que temos previstas:

Sábado: 

DÍA DA CIENCIA NA RUA
Horario: 11,00 a 18,00.
Parque de Santa Margarida.
Actividade tradicional das mais queridas da nosa entidade.
Lembrade que temos torneo de pasapezas ás 12,30 e de partidas lóstrego ás 16,30.

XOGADE FASE PROVINCIAL
Horario: 11,00 a 14,00.
Área Central. Santiago de Compostela.
O CIDU Infantil é o único conxunto da cidade que estará entre os catro mellores da provincia en calquera das categorías.

LIGA GALEGA DE XADREZ
Horario: 17,00 en adiante.
Segue a Liga Galega nas categorías superiores.


Domingo:

TORNEO ONLINE DÍA DA NAI
Ás 20,00 temos o torneo do primeiro domingo de mes.


Outras cousas previstas este mes:

* Os "martes de xadrez" de Palaestra no CC Los Rosales recuperan a súa configuración de pequena clase e torneo de rápidas.

* O venres 17 o CIDU organiza dentro dos seus torneos de Aniversario o Torneo Día das Letras Galegas.
Será pola tarde un torneo valedeiro para ELO lóstrego.