15 de setembro de 2022

Torneo Ludo Lóstrego

Nome da actividade: 
XVII LUDO LOSTREGO

Data: 16 de setembro de 2022.

Lugar: Espacio TEU. C/ Orzan Nº 96 A Coruña. (teuteu.es)

Hora de inicio: 20,00.

Hora de finalización aproximada: 21,30.

Sistema de xogo: Suizo a 5 roldas. Partidas a 5 minutos.

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

Cota: De balde. A inscrición está limitada a 24 xogadores. A inscrición debe realizarse enviando un whatsapp ao 654 60 37 16.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

HISTORIAL DO TORNEO LOSTREGO

I TORNEO - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira

1 de setembro de 2022

Empeza unha nova tempada.

Hoxe, 1 de setembro, a nosa entidade cumpre 33 anos dende a súa inscrición oficial (a súa fundación fora no mes de xuño anterior).

Preferimos celebrar o 1 de setembro porque é unha data mais redonda e porqué coincide coa nova tempada.

Estes días iremos incorporando as novidades para este curso 2022-2023 no que agardamos recuperar moitas das probas que os dous últimos anos quedaron paradas pola COVID.

Para estes primeiros días de setembro lembramos que o sábado 3 celébrase o Torneo Domingos Merino en Sada. 

E na mesma localidade dende o domingo 4 ó domingo 11 celébrase o I Open Deputación.

As bases para incribirse están na FEGAXA (www.fegaxa.org).

Animádevos a participar pois hai poucas actividades deste nivel pola nosa contorna.

30 de agosto de 2022

Resultados Torneo Santa Margarida

Xabier Solla, do ETX foi o vencedor no Torneo de rápidas disputado na romaría de Santa Margarida na Coruña.


Mais xente do que pensamos foi uníndose ás partidas nas mesas e no torneo cubriron pronto as 17 prazas disponibles.


Tras Xabier quedou en segundo lugar Francisco J. García Veiras do Xadrez das Mariñas e o terceiro posto para Francisco Cánovas do Sigrás.

Grazas a todos por participar. No noso Facebook temos mais fotos.

1 XABIER SOLLA, 5 6.5 15.0 10.5
2 FRANCISCO GARCIA, 4 8.0 11.5 13.5
3 FRANCISCO CANOVAS, 3.5 9.5 12.0 15.5
4 JOSE MARIA DORADO,         3.5 9.0 9.5 13.0
5 WILLIAM SANCHEZ, 3.5 7.0 8.5 12.0
6 ALVARO ROGET, 3 8.5 12.0 14.5
7 ARIEL MONTES, 3 8.0 8.0 12.5
8 MIGUEL ALVAREZ, 3 6.0 9.0 10.0
9 DAVID PEREZ, 3 5.0 7.0 9.0
10 JOSE MANUEL ANDION,  2.5 8.0 7.5 12.5
11 NOA GARCIA-MUÑOZ, 2 10.0 9.0 16.5
12 ADRIAN QUEVEDO, 2 8.5 9.0 14.5
13 KRIS SANTISO, 2 7.5 4.0 12.5
14 ROBERTO BLANDON, 2 5.5 3.0 11.0
15 ALBERTO PEREZ, 1 8.5 2.0 16.0
16 VERA GARCIA-MUÑOZ, 1 7.5 5.0 11.5
17 LUCAS FRANCO, 1 7.5 3.0 12.0