1 de setembro de 2022

Empeza unha nova tempada.

Hoxe, 1 de setembro, a nosa entidade cumpre 33 anos dende a súa inscrición oficial (a súa fundación fora no mes de xuño anterior).

Preferimos celebrar o 1 de setembro porque é unha data mais redonda e porqué coincide coa nova tempada.

Estes días iremos incorporando as novidades para este curso 2022-2023 no que agardamos recuperar moitas das probas que os dous últimos anos quedaron paradas pola COVID.

Para estes primeiros días de setembro lembramos que o sábado 3 celébrase o Torneo Domingos Merino en Sada. 

E na mesma localidade dende o domingo 4 ó domingo 11 celébrase o I Open Deputación.

As bases para incribirse están na FEGAXA (www.fegaxa.org).

Animádevos a participar pois hai poucas actividades deste nivel pola nosa contorna.

Ningún comentario: