21 de decembro de 2024

Actividade tódolos días

Esta é a nosa meta neste nadal 2024 por parte de AGAX e das entidades que colaboramos na promoción do xadrez.

Estes dous últimos días pasados tivemos actividades en colexios e concellos pechando as clases e agora temos 18 días por diante para facer actividades.

Estas son as relativas a esta primeira fin de semana e o luns (para que vaiades pensando):

SÁBADO 21

Liga AGAX Sub12 Online

Aberta a todos os nados en 2012 ou seguintes. Xa sabedes que non está tendo moito éxito pero é unha boa excusa para xogar un pouco.

Ligazón; Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #f8fDN0Ss • lichess.org

DOMINGO 22

LXXVI TORNEO DE NADAL DE XADREZ

O Torneo mais antigo de Galicia (posiblemente tamén de España quitando o campionato de España da Federación)

Unha proba na que participar con mestres de xadrez nun entorno novo; o Centro Comercial Espacio Coruña.

As bases na web dos organizadores; Xadrez das Mariñas (que hai anos absorberon a Sécción de Xadrez de Aertesanos que creou e organizou a proba).

Ligazón e info: https://www.xn--xadrezdasmarias-brb.org/2024/12/bases-do-lxxvi-torneo-de-nadal.html

LUNS 23

Unha xornada dedicada aos alumnos das escolas. No Centro Comercial Los Rosales.

Poden concurrir os alumnos da Escola de Palaestra (Sporting Club Casino) e da Escola Universitaria de Xadrez nos diferentes colexios e centros.

16,30: Torneo Escolar (2010 e seguintes).

Non é necesario apuntarse. E sexan moitos ou poucos os participantes teremos trofeo para os tres primeiros clasificados.

Ritmo: 5 minutos 

Dende que remate o Torneo ata 19,00 teremos uns taboleiros e xogos para practicar coas damas e o catro en liña xa que o mércores 26 teremos torneos de ambos xogos.

O domingo publicaremos as bases das actividades de luns a venres.

14 de decembro de 2024

Actividades Nadal

Como ven sendo norma nos últimos anos o mes de decembro vai ser un mes de moita actividade.

Estas son algunhas das actividades que aconsellamos:

SÁBADO 14

Dispútase a Liga AGAX Sub12 Online.
Non é necesario estar federado, nen xogar todos os días nin mesmo os 45 minutos de cada xornada.
Os premios para os equipos están reservados para os colexios, pero os trofeos individuais son para cada xogador.
Torneo deste sábado:

Ademais dende as 16,30 nos Rosales hai o XIII Torneo de Nadal.

E podes ir anotándote para o Domingo 22 no LXXVI Torneo de Navidad de Xadrez das Mariñas.
Valedeiro para ELO FIDE.

11 de decembro de 2024

Próximas actividades



SÁBADOS DE NADAL

Un ano mais voltamos coa Liga AGAX Sub12 Online, dentro das actividades co Concello da Coruña.

Xogarase de 15,30 a 16,15 os seguintes días:
7 de decembro
14 de decembro
21 de decembro
28 de decembro



SÁBADO 14
XIII TORNEO DE NADAL

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.


Inscrición: a través desta ligazón... PREME
En principio non se establece un límite de participantes, se ben estimamos un máximo duns 70 xogadores.

Bases en:






Outras accións:
Domingo 22.
LXXVI Torneo de Navidad de Xadrez das Mariñas.
Valedeiro para ELO FIDE

4 de decembro de 2024

Actividades na ponte

Actividades para estes días:

VENRES 6 DE DECEMBRO
XVII Torneo Ludo.

Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,40
3ª Rolda: 18,20
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,40

Inscición 5 euros.

Válido para ELO FIDE de Rápidas.



SÁBADO 7 DE DECEMBRO

Un ano mais voltamos coa Liga AGAX Sub12 Online, dentro das actividades co Concello da Coruña.

Xogarase de 15,30 a 16,15.
7 de decembro
Ligazón para este sábado:





SÁBADO 7 DE DECEMBRO

E pouco despois de celebrarse a proba online sub12 teremos o II CTO. BLITZ XADREZ DAS MARIÑAS 2024.
Local de xogo: Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre)

Váledeiro para ELO Blitz.

Inscricions: Xeral 5€, xogadores/socios de XDM e Sub-14 GRATIS no email xdm@xadrecista.eu ou no whatsapp 652696531 ata o xoves 05 de decembro, ás 22:00 ou acadar o límite de 50 xogadores. (Nome, apelidos, ELO BLITZ e clube).

 Mais info en: www.xadrezdasmariñas.org.