21 de abril de 2023

Cuarta Fin de semana de abril

Chegamos á cuarta fin de semana de abril, coa Liga Galega xa nas últimas roldas en terceira, mentras que no resto de categorías aínda terá un mes por diante.

Venres 21

Os socios do CIDU e membros da comunidade universitaria da UDC teñen ás 20,00 a segunda rolda do Circuito de Primavera no CUR.

Sábado 22

Encontros dos equipos mais ligados ás nosas actividades:

ROLDA-7 
Xadrez Das Mariñas - CÍRCULO FERROLANO B
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - E.L.X. un Tal Dubov
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CLUB XADREZ ARTEIXO A
AIR-HOSTESS A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
Xadrez Das Mariñas - GRUPO BAZAN B
XIRIA CARBALLO C - CIDU CALASANZ - ROSALES
CLUB XADREZ IRINDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CXB PORTO DE PAULA - XDM - GRUPO OCA "C"
SMYSLOV PROMOCIÓN C - SPORTING CLUB CASINO
SMYSLOV PROMOCIÓN B - AVV O GAITEIRO - SIGRAS

Lembramos que a seguinte fin de semana temos as fases comarcais de escolares e o Torneo Aniversario do CIDU.

14 de abril de 2023

Terceira Fin de semana de abril

Estes días temos fundamentalmente dúas actividades:

VENRES 14
Para os rapaces da Escola Universitaria, xogadores do CIDU e membros da comunidade universitaria da Coruña.

Venres ás 20,00 no Centro Universitario de Riazor.

SÁBADO 15
Este sábado temos as seguintes partidas de liga os equipos mais vencellados con AGAX:
Xadrez Das Mariñas - E.L.X. LUGO XADREZ
CLUBEXA A - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
RECATELO CAMPUS TERRA LUGO - Xadrez Das Mariñas
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU ESCOLA INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA
CIDU CALASANZ  - CLUB XADREZ IRINDO
SPORTING CLUB CASINO - XDM - GRUPO OCA "C"
AVV O GAITEIRO  - SMYSLOV PROMOCIÓN C

23 de marzo de 2023

Nova fin de semana intensa

Nesta primeira fin de semana de primavera temos moita actividade como hai quince días.
Principalmente as actividades son as xornadas de Xogade e da Liga Galega de Xadrez. 

Venres 24
Dende ás 18,00 no Pavillón de Elviña. Segunda e última xornada do programa Xogade na Coruña.

Sábado 25
Ás 17,00 celébrase a quinta rolda da Liga Galega de Xadrez.
 
EFX CAPABLANCA - Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca
ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE A - CÍRCULO FERROLANO B
Xadrez Das Mariñas - Grupo Oca B - E.L.X. PANADERÍA FERNANDO VALIN
XIRIA CALVO CARBALLO B - ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
ESCOLA XADREZ CLUBEXA - CIDU ESCOLA INCUDE
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - SPORTING CLUB CASINO
XDM - GRUPO OCA "C" - AVV O GAITEIRO - SIGRAS

Domingo 26
Dende ás 10,00 no Pavillón Sofía Toro. Segunda e última xornada do programa Xogade en Cambre.

10 de marzo de 2023

2ª Fin de semana de Marzo

Voltamos a intensas fins de semana de xadrez.

Para os que queiran actividades temos:

VENRES 10

Ás 18,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para A Coruña. Será no Pavillón de Elviña na Avenida Glasgow. Xa hai anos que ningún dos nosos equipos competía na Coruña, xa que se prefería ir a Cambre pero este ano o CIDU presenta equipos en categorías alevín e benxamín.

De 19,30 a 21,30 está aberta a sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor, para a comunidade universitaria e xogadores do CIDU.

SABADO 11

Terceira rolda da Liga Galega de Xadrez. O calendario dos clubs mais implicados coa nosa actividade é o seguinte:

ESCOLA XADREZ SIGRÁS - EFX CAPABLANCA
GRUPO BAZÁN - Xadrez Das Mariñas 
E.L.X. ABSOLUTO - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
Xadrez Das Mariñas - CLUB XADREZ SMYSLOV SADA
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC
CLUB DE AJEDREZ MACONDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CLUB XADREZ ARTEIXO - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
SPORTING CLUB CASINO - MIRKO 
XDM  - ESCOLA XADREZ CULLEREDO

Nesta terceira rolda por fin o Sporting Club Casino xoga na casa.

DOMINGO 12

Ás 10,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para Cambre. Será no Pavillón Sofía Toro, detrás da Casa do Concello. Dende hai anos apoiamos a xuntanza dos nosos clubs nun só equipo para competir como Xadrez das Mariñas.

Moita actividade que agardamos disfritedes.