6 de abril de 2010

Campionato Galego de Pasapezas


Xa que non existe oficialmente este título ímolo instituir nesta actividade.

O Campionato Galego de Pasapezas é unha proba lúdica na que se poderán inscribir as parellas de xogadores que o desexen.

Nesta modalidade de xadrez en parella as pezas capturadas por cada xogador son entregadas ao seu compañeiro que pode empregalas na súa partida.

Xogarase baixo as regras típicas de AGAX que supón que non se poden colocar as pezas en xaque.

Entre as 19,30 e 20,00 haberá unhas breves instruccións por se a xente non coñece as bases e a partir das 20,00 farase un torneo a 5 roldas con ritmo de xogo a 5 minutos, polo que ás 21,00 estará rematado. O local de xogo será El Corte Inglésda Coruña.

As inscripcións poden facerse no correo de AGAX ou no teléfono 608 08 47 05.

Os campións recibirán trofeos no acto de entrega de premios o día 24

10/04/2010 - Liga por equipos


A actividade previa de Xogando co Xadrez na súa fase competitiva será o día 10 de abril, ás 17,00 en El Corte Inglés.

A esa hora celebraremos unha competición por equipos, para calquera idade.

Os equipos estarán compostos por 4 xogadores sen suplentes.

As partidas xogaranse entre 17,00 e 19,30 a un ritmo de 15 minutos por xogador.

Realizarase una Liga ou un suizo de 5 roldas entre os equipos participantes. En calquera caso terase en conta o resultado xeral do enfrontamento mentres que os puntos de cada taboleiro servirán como sistema de desempate.

A inscripción pode facerse no correo da Asociación Galega de Xadrecistas ou ben no teléfono 608 08 47 05.

Todos os participantes recibirán un pin de AGAX e o equipo gañador un trofeo conmemorativo, que se entregará o día 24.

Os menores de 14 anos que participen e non estén federados, serán federados de xeito gratuíto nalgún dos clubes colaboradores de AGAX

Deseña a nosa imaxe

Andamos a busca dun logotipo para Xogando co Xadrez.
Se queres axudarnos, so tes que enviarnos en formato dixital a túa proposta ao noso correo na Asociación Galega de Xadrecistas (http://www.agax.org/).
O teu debuxo pode ser a nosa imaxe para o curso 2010-2011!

Xadrez e Deportivo

A Asociación Galega de Xadrecistas e Deporcultura, o Departamento Cultural do Real Club Deportivo, colabouran neste 2010 con aqueles colexios participantes en "Xogando co Xadrez".

A colaboración supón que estes colexios, se visitan ata final do actual curos o Estadio de Riazor, segundo a normativa de visitas do Real Club Deportivo, recibirán de xeito gratuíto un libro de iniciación ao xadrez para cada rapaz visitante.

Os prezos das visitas e o formulario de contacto pode verse en http://www.visitariazor.com/

Na solicitude de reserva os centros indicarán que participan en Xogando co Xadrez.

Calquera dúbida sobre este programa será atendida nos correos electrónicos de AGAX ou Deporcultura que aparecen nos seus espazos web.