Andamos a busca dun logotipo para Xogando co Xadrez.
Se queres axudarnos, so tes que enviarnos en formato dixital a túa proposta ao noso correo na Asociación Galega de Xadrecistas (http://www.agax.org/).
O teu debuxo pode ser a nosa imaxe para o curso 2010-2011!
6 de abril de 2010
Xadrez e Deportivo
A Asociación Galega de Xadrecistas e Deporcultura, o Departamento Cultural do Real Club Deportivo, colabouran neste 2010 con aqueles colexios participantes en "Xogando co Xadrez".A colaboración supón que estes colexios, se visitan ata final do actual curos o Estadio de Riazor, segundo a normativa de visitas do Real Club Deportivo, recibirán de xeito gratuíto un libro de iniciación ao xadrez para cada rapaz visitante.
Os prezos das visitas e o formulario de contacto pode verse en http://www.visitariazor.com/
Na solicitude de reserva os centros indicarán que participan en Xogando co Xadrez.
Calquera dúbida sobre este programa será atendida nos correos electrónicos de AGAX ou Deporcultura que aparecen nos seus espazos web.
Actividades en colexios 2010
A actividadenos colexios que colabouran con este programa consiste na visita dun monitor de AGAX que da aos alumnos entre 3º e 6º de primaria unha charla sobre xadrez e as súas normas básicas.A idea é que todos os rapaces ao chegar a secundaria saiban xogar ao xadrez e teñan unhas ideas básicas.
Ademais tentamos potenciar o xadrez como actividade escolar, dividindo a xente do torneo por colexios e proclamando un campión de cada centro.
A actividade compleméntase con actividades culturais, como a compra de libros de xadrez por parte dos colexios ou actividades como visitar o estadio de Riazor, no que os rapaces reciben un libro de Iniciación ao xadrez.
I Certame "Libro de Xadrez"
I Certame "Libro de Xadrez"
Bases
1. Poderán participar no certame calquera persoa que presente obras orixinais e inéditas escritas en galego.
2. O tema dos traballos será o xadrez, sendo material útil para o ensino ou promoción do mesmo e dentro desta idea o tema será libre. Os traballos presentaranse en formato DIN-A4, a dobre espazo en tipo de letra Times New Roman, corpo 10, por unha soa cara, cunha extensión mínima de 60 e máxima de 80 páxinas. Os diagramas ou figuras non superarán os 5x5 cm.
As persoas participantes poden presentar máis dunha obra.
Os traballos serán enviados a través de soporte dixital ao Apartado de Correos 769 - 15080 A Coruña ou ben vía Internet a correo@agax.org. O formato será .odt do open office ou .doc do Mircrosoft Word.
3. Os traballos presentaranse sen sinatura, indicándose en folla aparte ou en outro arquivo do correo os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, enderezo completo e data de nacemento).
4. O prazo improrrogable de recepción de orixinais será o 23 de abril de 2010, Día do Libro.
5. Actuará como xurado a Xunta Directiva da Asociación Galega de Xadrecistas que poderá solicitar opinión doutras persoas adicadas ao ensino do xadrez. O devandito xurado poderá declarar deserto o concurso. A interpretación destas bases ou calquera outro aspecto non previsto nelas é competencia exclusiva do xurado.
6. A resolución do xurado, que será inapelable, farase pública o 8 de maio de 2010.
7. AGAX reservase os dereitos de edición sobre a obra premiada, dentro da Colección de Libros de Peto de ASENCUDEGA, facéndose unha tirada máxima de 500 exemplares. Estes primeiros exemplares estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cen exemplares da obra publicada.
8. A presentación de traballos a este certame supón a aceptación total destas bases.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)