27 de novembro de 2025

Novidades da última semana de novembro 2025

Para os xogadores federados temos o torneo III Open Internacional Jose Antonio Ferreno o próximo día 30 de novembro. Podes consultar máis informacion en info64.org e no enlace oficial de Facebook.

Ademais, para os xogadores no federados (e os federados) pedímosvos que reservedes xa a data do 13 de decembro para o Torneo de Nadal de Xadrez en Palaestra . Será unha cita especial para despedir o ano entre amigos e boas xogadas.

Estamos pendentes dos próximos torneos de LUDO (WEB) que se celebrarán os próximos venres de decembro

Clases de Xadrez

Non esquezades que cada martes continúan as clases en Palaestra.eu, abertas a todos os niveis e cun ambiente acolledor para aprender e mellorar.

Tamén están dispoñibles os cursos da tempada 25/26 de Xadrez das Mariñas , unha excelente oportunidade para seguir formándose e compartir paixón polo xogo.

Seguimos traballando para que o xadrez sexa un punto de encontro e celebración da nosa comunidade. Agardámosvos en cada actividade!

20 de novembro de 2025

Outro fin de semana con xadrez

Esta semana temos varias propostas para seguir xogando e aprendendo xadrez:

  • 📍 III Torneo Xadrez no Temple
    Celebrarase o sábado 22 de novembro na Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre), cun ritmo de 10+3 e cinco roldas. A presentación será ás 17:00 e a clausura ás 20:00.
    Máis información e inscricións: www.xadrecista.eu.
  • 🌰 Torneo Online Magosto
    O domingo 23 de novembro ás 20:00 celébrase un torneo en formato arena en lichess.org, exclusivo para membros do equipo AGAX Aberto.
    Detalles e acceso ao torneo: www.agax.net.
  • ♟️ Martes de Xadrez en Palaestra
    Continúan as sesións semanais nos Rosales. Este martes haberá actividade de 19:00 a 20:30, cun torneo amigable para celebrar o espírito do xadrez.
    Máis detalles: www.palaestra.eu.

Animádevos a participar e compartide estas propostas con quen poida estar interesado!

14 de novembro de 2025

Novembro entre taboleiros

O mes de novembro chega cargado de propostas para os amantes do xadrez. Aquí van tres recomendacións para que non perdas ningunha oportunidade de mover pezas:

📍 Sábado 15 - Xadrez no MUNCYT

Coincidindo coa Semana da Ciencia, celébrase un torneo lóstrego no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), na Coruña. A segunda edición deste evento organizado por INCUDE e CIDU, coa colaboración da Deputación da Coruña, promete emoción e rapidez.

  • Ritmo: 3'+2"
  • Horario: Desde as 16:15 ata as 18:20
  • Premios: Trofeos para os tres primeiros e medallas para todos os participantes
  • Inscricións: De balde, máximo 32 xogadores. Formulario aquí

Máis info: Xadrez no MUNCYT

🌐 Domingo 16 - Torneo Online Magosto

Para os que prefiren xogar desde casa, AGAX organiza un torneo online en lichess.org o domingo ás 20:00. Aberto a todos os membros do equipo AGAX Aberto.

  • Formato: Arena
  • Premio: Trofeo para o vencedor
  • Ligazón directa: Accede aquí

Se aínda non es membro do equipo, podes unirte seguindo estas instrucións.

📅 Martes 18 - Martes de Xadrez en Los Rosales

Lembramos que continúan os Martes de Xadrez organizados pola SCD Palaestra no Centro Comercial Los Rosales. Un espazo aberto para aprender, practicar e compartir partidas nun ambiente relaxado.

🏛️ Sábado 22 - III Torneo Xadrez no Temple

Un torneo pensado para os que están comezando no mundo do xadrez, con ambiente amigable e formativo. Terá lugar na Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre).

  • Ritmo: 10'+3"
  • Horario: De 17:00 a 20:00
  • Premios: Trofeos para os tres primeiros, mellor sub-14 e sub-10. Medallas para o resto
  • Inscricións: 3€ (socios AGAX exentos)

Máis info: III Torneo no Temple

🎯 Cotro opcións, catro estilos, e moitas máis actividades en marcha. Anímate a participar e a compartir estas propostas cos teus compañeiros de taboleiro.

6 de novembro de 2025

Xadrez no outono

Fin de semana cos Torneos do Outono organizados polo CIDU.

Venres 7
No Centro Comercial Los Rosales.
18,30 Liga de Outono de Xadrez.

20,00 Torneo Lóstrego de Outono. Valedoiro para ELO FIDE. 20,00.

Sábado 8
No Centro Comercial Los Rosales:

Torneo de Outono. Circuito Promoción da Federación Galega.

Torneo de Pasapezas.
Actividade de complemento dos anteriores a mediodía.

Próxima semana
Lembramos que están realizándose os martes de xadrez por parte da SCD Palaestra no Centro Comercial Los Rosales.
Ademais na fin de semana o CIDU organiza un Torneo no MUNCYT e dende AGAX organizaremos o domingo un torneo online.