2 de febreiro de 2023

Actividade da Fin de semana

Temos por diante unha intensa fin de semana coa celebración dos campionatos provinciais nas categorías sub8, sub10 e sub14. O record de asistencia a estas probas provinciais mantense denden 2013, último ano que se fixeron na cidade da Coruña.

Dende entón ninguén tivo unha participación tan alta como cando teñen lugar no Sporting Club Casino. 

Na categoría sub8 o record estaba posto en 22 e parece que imos ter 25. En sub10 a marca era 47 e imos estar 10 por debaixo. En sub14 en 2013 tiveran so 13 xogadores e agora estaremos en 25.

Polo tanto estamos 2 por riba, se ben a marca mais salientable en 2013 foron os 63 na categoría sub12 (que realizaremos en Cambre a próxima semana). Tendo en conta que nas edicións seguintes non chegaron á metade desta marca, témolo dificil para facer unha igoal. Pero non vai ser polas gañas. 

Aqui tes o menú semanal:

Venres 3 de febreiro.

Para socios do CIDU e universitarios en xeral: Venres no CUR ás 19,30 horas.

Sábado 4 de febreiro. Sporting Club Casino

11,00: Campionato Provincial sub 8. https://info64.org/provincial-coruna-sub8-2023-xunta-de-galicia

16,00: Campionato Provincial sub14 https://info64.org/provincial-coruna-sub14-2023-xunta-de-galicia

16,00: Torneo de Imbolc www.xadrezuniversitario.org

Domingo 5 de febreiro. Sporting Club Casino.

11,00: Campionato Provincial sub 10. https://info64.org/provincial-coruna-sub10-2023-xunta-de-galicia

16,00: Campionato Provincial sub14 https://info64.org/provincial-coruna-sub14-2023-xunta-de-galicia

16,00: Torneo de Imbolc www.xadrezuniversitario.org

Lembramos que para todos os nados en 2011 ou seguintes o próximo domingo día 12 teremos os Provinciais da categoría sub12. Será en Vila Concepción. 

Ningún comentario: