O mes de febreiro será especialmente lúdico nas actividades de xadrez da
Asociación Galega de Xadrecistas.
Por un lado o pasapezas, popular modalidade na que se xoga por parellas,
será o protagonista coa celebración dun torneo no calendario anual dos Xogos
Escolares da Coruña. Reservado para xogadores coruñeses de primaria terá lugar
no Palacio de Deportes os venres 13, 20 e 27.
Tamén haberá un torneo absoluto deste mesmo xogo durante o entroido, se ben
a proba mais salientable será o Torneo de Entroido sub14 que se disputará o luns
16 no Sporting Club Casino e onde os participantes son invitados a vir
disfrazados.
O Torneo empezará ás 17,00 horas e a entrega de premios está prevista para as 19,30.
Anímate!
Ningún comentario:
Publicar un comentario