31 de decembro de 2024

Cambio de ano

MARTES 31
Hoxe temos o derradeiro torneo do ano.
É unha proba que creemos que veu para quedarse.
O proxecto "devanceiros" como o da fundación vai moito mais lento do que sería desexable pero tampouco ninguén ten presa.
Os últimos días de cada ano van estar adicados a lembrar á xente que nos precedeu no xadrez galego cun torneo lóstrego. Este será o primeiro sen estar adicado a unha persoa en concreto pero agardamos que xa en 2025 haxa un homenaxeado.
Torneo Devanceiros.
De 17,00 a 18,00 no Centro Comercial Los Rosales.
Premio: Cambiamos o anunciado e van ser tazas con motivo de xadrez de Alfonso o Sabio, unha taza nova para a colección dos tres primeiros.
Ademais haberá un libro de agasallo para todos os participantes.
Para participar, simplemente é pasar por alí a partir das 16,45 (queremos empezar ás 17,00 para rematar puntuais).

MÉRCORES 1
Como dende 1995 data para facer o Torneo Aninovo. Como nos últimos anos, en modalidade online.
As 2,30 da madrugada. O primeiro torneo do ano.
Taza con motivos de xadrez do Nadal para o vencedor.

XOVES 2
Torneo de Adestramento no Centro Comercial Los Rosales.

VENRES 3
Actividade no CUR para os xogadores do CIDU e Universitarios en Xeral.
Dende 19,30.

SÁBADO 4
17,00 - 20,30: Torneo Aniversario de INCUDE
No Centro Universitario de Riazor.

28 de decembro de 2024

Últimos días do 2024

SÁBADO 28

15,30: Liga AGAX Sub 12 Online.
Ligazón do Torneo: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #euSxjsKz • lichess.org
Derradeira rolda desta competición na que hai en xogo trofeos para os tres primeiros centros e para os tres mellores de xeito individual.

18,00 a 20,00: O espazo da Escola de Xadrez de Palaestra en Rosales estará aberto por se alguén quere ir botar unhas partidas.

DOMINGO 29
20,00: Torneo Online Tres Xaques.
Na modalidade de victoria por facer tres xaques.
Taza con motivos de xadrez do Nadal para o vencedor.

LUNS 30
17,00 - 20,30: Torneo Social de Nadal.
No Centro Universitario de Riazor.
Nesta semana teremos distintos torneos presenciais que axudarán a configurar os equipos da Liga Galega de Xadrez. Neste caso será para os xogadores que vaian a disputar a Liga co CIDU ou o Casino.
Torneo a ritmo de 10 + 3
5 Roldas
Trofeos para o primeiro, segundo e terceiro clasificado e para os primeiros sub14, sub12, sub 10 e sub8.
Medalla para o todos os participantes.
Inscricións: correo@agax.org

MARTES 31
Último día do ano e tamén propoñemos o derradeiro torneo blitz do ano:
Torneo Devanceiros.
De 17,00 a 18,00 no Centro Comercial Los Rosales.
Premio: Taza con motivo de xadrez de nadal para os tres primeiros.

AVANCE DO INICIO DE 2025

MÉRCORES 1
Como dende 1995 data para facer o Torneo Aninovo. Como nos últimos anos, en modalidade online.
As 2,30 da madrugada. O primeiro torneo do ano.
Taza con motivos de xadrez do Nadal para o vencedor.

XOVES 2
Torneo de Adestramento. 
De 18,00 a 20,00 no Centro Comercial Los Rosales.

VENRES 3
Pendente de definir actividade.

SÁBADO 4
17,00 - 20,30: Torneo Aniversario de INCUDE
No Centro Universitario de Riazor.
Torneo a ritmo de 10 + 3
5 Roldas
Trofeos para o primeiro, segundo e terceiro clasificado e para os primeiros sub14, sub12, sub 10 e sub8.
Medalla para o todos os participantes.
DOMINGO 5 
Remata o prazo para presentar a orde de forza dos equipos para a Liga Galega de Xadrez.
Para os que non asistan á Cabalgata.
Torneo de Reis dos Rosales dende as 19,00
Trofeo para os tres primeiros.

LUNS 6
Torneo de Reis.
20,00 Torneo en Lichess.
Taza con motivos de xadrez do Nadal para o vencedor.

23 de decembro de 2024

Actividade do 23 ao 27 de decembro

Tras o interesante Torneo de Nadal deste domingo, aquí tedes un resumo da asctividade desta semana de luns a venres (informaremos da actividade dos últimos días do ano o xoves).

LUNS 23
16,30 - 18,00: Torneo Sub14 (2010 ou seguintes) para os alumnos de Palaestra e da Escola Universitaria de Xadrez nos distintos colexios e centros.

18,00 - 19,00: Partidas libres de xadrez damas ou conecta 4 (para preparar torneos do xoves).

MARTES 24 - Noitebeoa.
Torneo de Noiteboa en Lichess. 3'+2'' 60 minutos area.
19,00 a 20,00. TORNEO DE NOITEBOA Arena #w92s4foH • lichess.org
Taza con xadrez de nadal para o vencedor.

MERCORES 25 - Nadal
Torneo de Nadal en Lichess. 3'+2'' 60 minutos area.
Será na modalidade 960 (FischerRandom)
20,00 a 21,00. TORNEO DE NADAL Arena #rTkJ45Go • lichess.org
Taza con xadrez de nadal para o vencedor.

XOVES 26
17,00 - 18,30: Torneo de Conecta 4.
Trofeo para o vencedor

18,30 - 20,00: Torneo de Damas
Trofeo para o vencedor

VENRES 27
Coincidindo coa festa infantil no C.C. Los Rosales
18,00 - 19,00: VI Torneo de Nadal Lóstrego.
Trofeo para o vencedor. Medalla para os asistentes. Cota: 1 kilo de comida.

19,00 - 20,00: Actuación no Centro do Mago David Maestro

20,00 - 21,00: Torneo lóstrego por equipos de tres
Trofeo para cada un dos integrantes do equipo cencedor. Cota: 1 kilo de comida por xogador.

21 de decembro de 2024

Actividade tódolos días

Esta é a nosa meta neste nadal 2024 por parte de AGAX e das entidades que colaboramos na promoción do xadrez.

Estes dous últimos días pasados tivemos actividades en colexios e concellos pechando as clases e agora temos 18 días por diante para facer actividades.

Estas son as relativas a esta primeira fin de semana e o luns (para que vaiades pensando):

SÁBADO 21

Liga AGAX Sub12 Online

Aberta a todos os nados en 2012 ou seguintes. Xa sabedes que non está tendo moito éxito pero é unha boa excusa para xogar un pouco.

Ligazón; Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #f8fDN0Ss • lichess.org

DOMINGO 22

LXXVI TORNEO DE NADAL DE XADREZ

O Torneo mais antigo de Galicia (posiblemente tamén de España quitando o campionato de España da Federación)

Unha proba na que participar con mestres de xadrez nun entorno novo; o Centro Comercial Espacio Coruña.

As bases na web dos organizadores; Xadrez das Mariñas (que hai anos absorberon a Sécción de Xadrez de Aertesanos que creou e organizou a proba).

Ligazón e info: https://www.xn--xadrezdasmarias-brb.org/2024/12/bases-do-lxxvi-torneo-de-nadal.html

LUNS 23

Unha xornada dedicada aos alumnos das escolas. No Centro Comercial Los Rosales.

Poden concurrir os alumnos da Escola de Palaestra (Sporting Club Casino) e da Escola Universitaria de Xadrez nos diferentes colexios e centros.

16,30: Torneo Escolar (2010 e seguintes).

Non é necesario apuntarse. E sexan moitos ou poucos os participantes teremos trofeo para os tres primeiros clasificados.

Ritmo: 5 minutos 

Dende que remate o Torneo ata 19,00 teremos uns taboleiros e xogos para practicar coas damas e o catro en liña xa que o mércores 26 teremos torneos de ambos xogos.

O domingo publicaremos as bases das actividades de luns a venres.