30 de decembro de 2022

Xadrez de Fin de Ano

LIGA AGAX SUB12

Edición Nadal.

Libre acceso a todos os nados en 2010 ou seguintes.

Será en Lichess

SABADO 31 ás 16,00

LIGA AGAX SUB12 DE NADAL Arena #b81KzP8E • lichess.org

Clave de acceso: SOYSUB12AGAX

O torneo será o típico das Ligas AGAX pero para facilitar o acceso nesta ocasión no será necesario estar en algún equipo. 

Trofeo para os tres primeiros clasificados.


Torneo Aninovo

Para empezar o novo ano con xadrez.

Torneo de Aninovo na noite do primeiro día do ano, ás dúas, torneo online.

Farémolo a través do Club CC Los Rosales.

TORNEO ANINOVO Arena #xe7MxgT9 • lichess.org

 Trofeo para o primeiro clasificado.

23 de decembro de 2022

Fin de semana de Noiteboa

Nesta fin de semana non temos ningunha actividade.

Durante a semana si que haberá cosas presenciais da man de Palaestra no seu espazo no Centro Comercial Los Rosales.

Mais info na súa web: www.palaestra.net

O día 31 teremos unha liga online sub12 especial e ademais pola noite o noso tradicional torneo de Aninovo.

Boas festas para todos!

16 de decembro de 2022

Terceiro fin de semana de Nadal

Fin de semana marcada pola celebración do LXXIV Torneo de Navidad. Moi probablemente non teñamos outro torneo deste tipo ata o entroido.

Hai que agardar a asemblea anual de aprobación de cotas para ver como queda calendario e demais, pero salvo celebración de provinciais non parece que en xaneiro vaiamos ter ningún torneo con moita xente.

VENRES 16

* As 20,00 no Centro Universitario de Riazor, torneo do Circuito de Outono de INCUDE-UDC. Aberto a tódolos interesados.

SÁBADO 17

Non temos Liga AGAX Sub 12 (tes os resultados en https://www.xogandocoxadrez.eu/2022/12/resultados-liga-agax-sub12.html.

Estamos agardando a confirmar unha xornada especial para Noiteboa.

Pero este sábado os interesados poden acudir a Culleredo ao Torneo de Nadal.

DOMINGO 18

* Ás 17,00 Torneo de Navidad en Artesanos. Torneo con trofeos por categorías e medallas.

Bases en: https://www.xadrecista.eu/2022/12/lxxiv-torneo-de-navidad.html


13 de decembro de 2022

Resultados Liga AGAX Sub12

Publicamos os resultados da Liga AGAX Sub12 na súa edición de outono.

Por colexios novamente o Calasanz logrou o primeiro posto:

Compañía de María foi segunda e a terceira praza foi para o Dominicos.

Na clasificación individual dous xogadores do Calasanz, Ruben e Pablo, quedaron nos dous primeiros postos, mentres que Xoán do Dominicos foi terceiro.

Antes de que acabe o ano teremos unha xornada especial de Liga de Nadal con trofeo para o mellor equipo e mellor xogador. Estamos a concretar as datas cos nosos socios de Asturias que o anos pasado dominaron a proba.