8 de xuño de 2021

Dominicos sentencia a Liga AGAX Sub12

Unha nova vitoria do Dominicos o pasado sábado sentenciou a Liga de Primavera Sub12. A falta dunha soa xornada unicamente unha debacle na última xornada coa vitoria de Calasanz privaría aos de Dominicos do triunfo final na Liga Sub12, tras ser segundo na edición de Inverno e na realizada en 2020.

Na loita polo terceiro posto hai un empate entre Esclavas e Casino.

Na clasificación individual o xogador de Calasanz Rubentro segue sen dar opcións nestas probas, sumando case tantos puntos como os dous seguintes na mesma, que son os irmáns xsanseo e rsanseo, que tras as partidas dos sábados intercambiaron posicións. Estes tres xogadores ocuparán o podium final, aínda por determinar quen será segundo e quen terceiro.

Lembramos que o vindeiro sábado non haberá torneo. A xornada final será o 19 de xuño.

Ningún comentario: